O Bono Turístico da Xunta comeza a bo ritmo con preto da metade dos vales descargados nas primeiras horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A nova campaña de Bonos Turísticos da Xunta comeza a moi bo ritmo, con cen bonos turísticos emitidos por minuto nas primeiras horas e cun saldo de preto da metade dos bonos descargados a media mañá de onte. O prazo para as descargas comezou ás 9.00 horas de onte xoves e ata o mediodía descargáronse case 8.000 vales, dos máis de 16.000 que están dispoñibles para descargar.

Os usuarios que desexen obter un bono turístico da Xunta poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal. Son vales en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia e cofinanciados nun 60% polas persoas que o soliciten (as persoas físicas pagarán polo tanto 90€ para ter un bono por valor de 150€) . Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous vales, polo que poderá contar cun investimento de ata 300€ para gozar dunha estancia o próximo outono nalgún dos establecementos que se adhiran. Os beneficiarios poderán facer uso das súas bonificacións dende o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén está aberto o prazo para que as empresas se adhiran. Neste sentido, a día de hoxe, máis de 200 empresas, entre establecementos de aloxamento e axencias, xa forman parte da campaña deste ano. O prazo de inscrición dos establecementos permanecerá aberto ata o 2 de decembro. Tamén poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal.

Fóra de tempada
A iniciativa -que nace no contexto da pandemia para impulsar o consumo turístico e inxectar liquidez ás empresas do sector turístico galego- consolídase como unha proposta que fomenta a actividade fóra da temporada alta e contribúe a apoiar o sector.

Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14 millóns de euros: deles, durante a pandemia foron máis de 10 millóns (5 millóns co bono turístico sociosanitario e 5,8 millóns de euros). millóns no ano 2021), aos que se suman 3 millóns de euros nos dous últimos anos.