O Bono Turismo está sendo todo un éxito. Tanto é así que dende a súa posta á disposición o pasado 4 de xullo, quedan moi poucas bonificacións dispoñibles. Os usuarios que desexen descargar o bono turístico poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal.
Das 16.000 bonificacións iniciais, a día de hoxe, hai menos de 1.000 bonificacións dispoñibles.
Nos últimos anos está axudando a acadar un dobre obxectivo: dar continuidade ao modelo de desestacionalización turística e que se está a conseguir un aumento significativo de viaxeiros fóra da tempada alta.
Polo momento son máis de 300 os establecementos e axencias de aloxamento onde se pode gozar da bonificación. Os aloxamentos aínda teñen ata o 2 de decembro para incorporarse.
Pola súa banda, os beneficiarios poderán facer uso das súas bonificacións dende o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos.