A Anpa do Conservatorio alarmada polo gran número de alumnos que abandonan os estudos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMUNICADO DE PRENSA ANPA DO CONSERVATORIO DO CARBALLIÑO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na tarde do venres 12 de xullo reuníronse no salón de actos da Casa da Cultura do Carballiño  membros da directiva do centro Conservatorio do Carballiño, unha representación de profesores e numerosas nais e pais do Conservatorio do Carballiño.

O profesorado do centro, alarmado polo gran número de alumnos que abandonan os estudos  polo alto custo da matrícula do centro para os alumnos que non están empadroados no Carballiño, activaron unha reunión de urxencia para tratar a problemática

Na reunión abriuse un debate moderado e  liderado pola directiva da ANPA do Conservatorio, no que se decidiu por unanimidade iniciar todo tipo de reivindicacións e protestas para solucionar con urxencia este problema. Na mañá deste luns, unha representación dos afectados e da ANPA reunirase co alcalde e ca nova concelleira de Educación para tratar o asunto con urxencia. Solicitarán a suspensión temporal da ordenanza co obxectivo de que os estudantes de toda a comarca poidan beneficiarse da bonificación do 50% da matrícula da que agora mesmo só poden beneficiarse os estudantes empadroados no Carballiño.

A polémica xurdiu tras a aprobación dunha ordenanza fiscal que penaliza, sen bonificacións, aos estudantes non empadroados na localidade do Carballiño. De tal xeito que un alumno “non empadroado” deberá aboar unha cota de 1.300,00 € para o vindeiro curso.

Por se fose pouco, vén de aprobarse recentemente unha instrución municipal que regula a orde de admisión do alumnado que vai a participar nas probas de acceso ao conservatorio nas que tamén teñen prioridade os empadroados na Vila. A plataforma de afectados denuncia a ilegalidade desta instrución.