O primeiro pleno do novo panorama político comezou de xeito abrupto. Apenas cinco minutos despois do comezo, a formación de Espazo Común abandonaba a sesión pedindo explicacións de como está a situación dentro do PSOE con respecto a este pacto e acusando aos concelleiros socialistas de tránsfugos.
Entre os puntos da orde do día está a delegación das capacidades do pleno na xunta de goberno e a distribución das dedicacións parciais e exclusivas e a súa retribución. Ambos puntos foron criticados pola voceira do BNG. Sofía García considera que as competencias do pleno outorgan democracia e pediu explicacións polo reparto de áreas.
En canto ás mocións de Espazo Común, foron retiradas da orde do día ante a ausencia do grupo político. Pola súa banda, a voceira do BNG propuxo poñer en valor o Camiño dos Arrieiros como roteiro de turismo activo, co obxectivo de promover o desenvolvemento sostible da zona a través do turismo responsable e de calidade.