Ribadavia acolle este domingo o musical “Unha noite na eira do trigo”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Rubén García de Ribadavia acollerá este vindeiro domingo unha nova actuación, seguindo co ciclo cultural deste verán no municipio ribadaviense. Neste caso será o musical “Unha noite na eira do trigo”, unha adaptación do poema de Curros Enríquez musicalizada pola Orquestra “OcaBand”, nunha homenaxe ao grupo musical “Los Tamara”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este musical iniciou a súa andaina un ano atrás, percorrendo o repertorio deste grupo guiado polo poemario. Pretenden continuar coa súa xira presentando esta actuación tamén en exteriores.

Mesturan cine teatro e música, garantindo que o público quedará prendado á historia dende o primeiro momento.

Dende o concello animaron a todos a asistir a este evento, unha ocasión para desfrutar da música tradicional e das noites de verán.