A formación nacionalista sinala que desde a Alcaldía pretenden modificar as bases do proceso de estabilización laboral para convertelo nun concurso de traslados
Ourense, 15 de agosto de 2024. Desde o BNG denuncian a nova manobra artellada desde o Goberno municipal do Concello de Ourense para modificar as bases do proceso de estabilización que, xa estaban aprobadas e xa foran empregadas.
O portavoz nacionalista, Luís Seara sinala que “o que pretende o Alcalde é distorsionar a realidade: por unha banda, modificar un proceso de estabilización que se está dando en todas as administracións especialmente no que ten a ver en caso de empate, pola outra, introducir a RPT cando nada ten que influír neste proceso”
Unha das cuestións que destaca o portavoz nacionalista é a vontade desde o grupo de gobernó e a Alcaldía de “distinguir funcionariado de persoal laboral”, unha distinción que as nacionalistas entenden que non ten cabida, así relata “hai sentenzas do TSXG que se equipara e iguala o persoal laboral indefinido ao persoal funcionario”.
O BNG tamén advirte “a modificación das bases pretende de modo directo unha modificación encoberta dos criterios de desempate para acceder a un posto laboral xa ocupado por persoal de longa duración. Neste sentido, a modificación na valoración que se propoña, sobre todo nos criterios de desempate suporá unha grande alteración das bases até o de agora aprobadas e publicadas.
As nacionalistas tamén non entenden cal é o criterio que se está a empregar neste sentido, Seara sinala “estas bases son exactamente as mesmas que se empregaron para a consolidación dos postos de traballo do Consello Municipal de Deportes (CMD) entón non entendemos por que alí se fai dunha maneira e aquí doutra”.