Un centenar de empanadas abre a festa de Mesego para a celebración dunha nova edición da súa festa gastronómica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana tamén tivo lugar unha nova edición da Festa da Empanada de Mesego. Esta vez, en lugar de preparar a súa tradicional empanada xigante, elaboraron un cnetenar de elaboracións variadas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os veciños da parroquia de Mesego deron comezo esta fin de semana a súa xa tradicional Festa da Empanada. Os actos programados incluíron ós oficios relixiosos tradicionais, diversas actuacións musicais e unha cita gastronómica de gran envergadura.

A celebración arrincou a noite do sábado, día no que os presentes puideron degustar unhas deliciosas racións de empanada. Este ano, en lugar de preparar a súa tradicional empanada xigante, a organización elaborou un total de 180 empanadas variadas para a súa degustación.

A Festa da Empanada xa é unha tradición en Mesego que naceu fai máis de 50 anos. É un evento moi ben acollido polos veciños e visitantes da localidade. Dende a organización da festa, móstranse moi agradecidos co bó número de participantes que todos os anos se achega ao pobo a degustar a empanada, e tamén a desfrutar doutras actividades que ofrece o programa de actividades cheo de tradición, música e gastronomía.

O evento estendeuse toda a fin de semana ata o día de hoxe. A organización quedou satisfeita co resultado desta edición, e aseguran que pensan manter esta tradición gastronómica durante os próximos anos para o desfrute de veciños e visitantes.