O concello do Carballiño despide aos nenos saharauís do programa Sogaps cun agasallo tras unha visita cultural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, no Concello do Carballiño, despediron aos nenos saharauís que viñeron a Galicia de intercambio grazas ao programa de SOGAPS. Entregáronlles un agasallo de despedida.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, o Concello do Carballiño recibiu a un grupo de nenos do Sáhara que chegaron a Galicia grazas ao programa SOGAPS. Tras asistir ao espectáculo do Mago Paco hoxe ás 1.00 da mañá, os nenos e nenas foron convidados a visitar o Concello, onde recibiron un agasallo de despedida.

SOGAPS son as siglas de “solidaridade Galega co Pobo Saharahui”, unha Organización no Gobernamental, sen ánimo de lucro, que busca mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauís, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos. Como parte dun dos programas de actividades, a asociación organiza intercambios para nenos saharauís de ata 12 anos. Dende xullo ata agosto, os nenos son acollidos por familias galegas, ofrecéndolles a posibilidade de vivir unha experiencia cultural que facilita a aprendizaxe mutua entre nenos galegos e saharauís. Os pais e nais de acollida afirman estar moi contentos coa iniciativas, e dende a asociación e dende o concello, animan a cidadanía a apoiar este importante proxecto.