Este 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 (día 20) na tenda 𝗢𝗭𝗢𝗖𝗢𝗴𝘇: Presentación do libro solidario “Cantos de Dor e Liberdade”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vindeiro 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 20 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 imos presentar un libro solidario, 𝗖𝗔𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗗𝗢𝗥 𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗘𝗥𝗗𝗔𝗗𝗘, unha publicación que reúne 𝟰𝟮 𝗽𝗼𝗲𝗺𝗮𝘀 e 𝟭𝟮 𝗶𝗹𝘂𝘀𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀, como expresión da inmensa solidariedade galega co pobo palestino.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Do mesmo modo que millares de persoas saen ás rúas da Galiza en protesta polo xenocidio que o sionismo está a cometer en Gaza, poetas e artistas alzan aquí as súas voces e as súas mans para deixar constancia da dor e da rabia por tanto crime e tanta infamia, mais tamén da esperanza dun futuro de 𝗣𝗮𝘇 𝗲 𝗟𝗶𝗯𝗲𝗿𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝘁𝗼𝗱𝗮 𝗮 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗣𝗮𝗹𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗮.⁣⁣

Os dereitos de autoría e os beneficios deste libro, impulsado conxuntamente polas entidades solidarias 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗣𝗮𝗹𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗮, 𝗠𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗟𝘂𝗺𝗲𝘀, 𝗝𝗲𝗻í𝗻 e 𝗣𝗮𝗹𝗹𝗮𝘀𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗯𝗲𝗹𝗱í𝗮 coa colaboración de 𝗕𝗗𝗦-𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮, e materializado pola editora 𝗧𝗲𝗺𝗽𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮, irán integramente destinados á 𝗨𝗡𝗥W𝗔 para a axuda humanitaria á poboación de Gaza.⁣⁣

En 𝗢𝗭𝗢𝗖𝗢𝗴𝘇 queremos que esta non sexa unha presentación máis, queremos que sexa unha homenaxe dende O Carballiño ás vítimas do xenocidio palestino e, para isto, van acompañarnos amigas e amigos que nos van recitar, nuns casos, e noutros achegar o seu saber musical.⁣