Espazo Común e o Concello ofrecen visións diferentes sobre as festas do san Cibrao

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Espazo Común vén de amosar a súa inquedanza polo desenvolvemento das festas patronais de San Cibrao, que se celebraron no Carballiño nos días 13 ao 17 deste mes de setembro. Dende esta formación política suliñan que a triste realidade é que cada ano que pasa, os festexos están máis preto de converterse nos dunha aldea, na mesma liña que o resto de actuacións do goberno municipal que levan ao Carballiño e perder peso en tódolos sentidos posibles. Neste sentido, lembran aqueles tempos de grandes concertos de estrelas do panorama musical nacional e os anos nos que había dúas orquestras diarias, unha banda de música cada día ou actividades para os cativos durante toda a semana.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para exponer estas queixas que Espazo Común recolleu das veciñas e veciños do Carballiño sobre as festas, estivo en Badal Novas a concelleira Érika Paz.

Unha visión moi diferente é a do equipo municipal de goberno do Concello, ao considerar moi exitoso o resultado, tal e como asegura o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.

A programación das festas abríuse o día 13 coa última sesión do festival ‘Feito no Carballiño’, coa actuación dos grupos Five Pipers, Susie Q’s e Kambotes, e incluíu pasarrúas das charangas Dr. Anchoa, CLK e Castro Bello e da agrupación de coros e danzas Cantigas e Agarimos. Os concertos estelares corresponderon a Gin Toni’s, Guadi Galego e un tributo a Dire Straits, mentres as bandas de música de Boborás e Agrupación Musical da Limia protagonizaron a música popular e La Fórmula e Panorama foron as orquestras contratadas.