ABANCA, Afundación e o Concello do Carballiño presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I A inauguración tivo lugar esta mañá na Casa do Concello do Carballiño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I Esta mostra enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello do Carballiño, ABANCA e Afundación

03.10.2024. O Concello do Carballiño, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de inauguración tivo lugar esta mañá coa asistencia de José Manuel Dacal Fernández, tenente de alcalde do Carballiño; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

«Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX» poderase visitar ata o vindeiro 7 de novembro, de luns a sábado en horario de 9.00 a 14.00 h. A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

PUBLICIDADE