Luis Menor agradece o traballo desenvolvido na 29ª edición do Festival de Cine e recalca que “crer no OUFF é crear riqueza en Ourense”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 4 de outubro de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O OUFF vén de pechar a súa 29ª edición na Gala de Clausura do Auditorio Municipal cun notable éxito de público e crítica cinematográfica. O presidente provincial, Luis Menor, ademáis de agradecer o “excelente traballo” do equipo do Festival, manifesta os seus parabéns aos premiados nesta edición, amosando o seu desexo de que as Calpurnias acadadas no OUFF, “sexan o preludio de moitos máis recoñecementos dentro do mundo do audiovisual”.

Luis Menor tamén fai referencia á importancia do OUFF para o reforzo da marca Ourense e a súa imaxe exterior. Precisamente por iso, este festival, a piques de cumprir a trintena, alcanza a madurez como eixo estratéxico na promoción e difusión dos recursos e potencialidades da provincia, matizando que “crer no OUFF é crear riqueza en Ourense”, deixando claro que apostar pola Cultura “é apostar por unha sociedade formada, crítica, aberta e evolucionada”.