Pasou polo Carballiño a 3ª etapa da Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Special Olympics Galicia organiza por 12º ano consecutivo , a Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual, cun percorrido que chega a localidades das catro providencias galegas.


A marcha comezou o 3 de outubro coa primeira etapa polas localidades lucenses de Burela-San Ciprián, a través de 20,4 km
Continuou o día 4 de outubro na localidade de antiago de Compostela, onde
percorreron unha nova etapa de 18,1 km
O día 5 de outubro chegaron a O Carballiño nunha ruta que discorreu a través de 14,4 km

O acto que marcou o inicio da etapa celebrouse no pavillón do IES Chamoso Lamas contando ca presenza de distintas autoridades.
E remataran o día 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa percorrendo un total de aproximadamente 13,1 km
O deporte é unha práctica vital para o fomento da inclusión e unha magnífica
posibilidade de dar visibilidade a este colectivo de persoas, derrubando as ba-
rreiras físicas e psicolóxicas da sociedade á hora de coñecer e facilitar a participa-
ción destas persoas na vida social e comunitaria.
Clubs ciclistas de Galicia tamén estan dando o seu apoio aos ciclistas con
discapacidade intelectual e amosando que cos apoios adecuados, todos somos
capaces de participar na sociedade en igualdade de condicións.