C.D. Arenteiro xa é 2º na Primeira RFEF ao gañar ao Ourense C.F. no Couto (0-1)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Medio milleiro de seareiros de Club Deportivo Arenteiro acudiron onte ao campo municipal do Couto para presenciar un novo triunfo do equipo do Carballiño, nesta ocasión ante o Ourense Club de Fútbol, ao que venceu por un gol  a cero, colocando aos de Espiñedo no segundo posto da clasificación da Primeira RFEF. Un partido que tivo dúas partes ben diferenciadas, xa que no primeiro tempo foi o conxunto verde o claro dominador aínda que os de Ponte Canedo tiveron varias oportunidades claras de marcar, mentres no segundo houbo alternancia no ataque por parte de ámbolosdous equipos. O gol do Arenteiro chegaría un minuto antes do remate da primeira metade, nun contragolpe que culminou Diego Gómez, tras varias tentativas anteriores de Pascu e Enol. Na reanudación, tanto Ferreiro coma Enol non estiveron afortunados nos seus disparos á porta de Pato, mentres no minuto 81 foi a quenda dos ourensáns cun ao pao da meta de Diego, que protestaron un posible penalti por derribo no 87 que o árbitro non considerou falta.

Ao remate do encontro, os xogadores verdes dirixíronse á bancada de preferencia do Couto para amosar o seu agradecemento ao apoio dos afecionados do Carballiño, que voltaron á vila coa satisfacción dunha nova victoria, que sitúa ao Arenteiro 2º na táboa clasificatoria do grupo 1 da Primeira RFEF, con 16 puntos, a sete da Cultural Leonesa, que ostenta o liderato.

COMERCIAL ORCELLÓN

A seguinte cita do equipo carballiñés será en Espiñedo, o vindeiro venres, 25 de outubro, fronte o Unionistas de Salamanca, que ocupa o 12º posto da clasificación con 11 puntos, tra-lo empate colleitado en Amorebieta (3-3).

O adestrador do Arenteiro, Rául Jardiel, sunliñou na roda de prensa posterior ao partido do Couto que “se estamos segundos é porque estamos facendo ben moitas cousas”, á vez que lobou a calidade demostrada polos seus pupilos ao longo das últimas semanas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------