O Centro Sociocomunitario incorpora robótica e adestramento de solo pélvico

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño anuncian dúas novas actividades neste verán activo no Sociocomunitario que se sumarán as actividades xa en marcha. 

Por unha parte, terán un taller de entrenamiento en suelo pélvico, unha actividade destinada a fortalecer a musculatura abdominal, os glúteos, as paravértebras lumbares e os músculos do suelo pélvico. Esta actividade será os venres pola mañá e prolongarase ata o mes de novembro. Será impartida por unha fisioterapeuta especializada.

AVANTAR ACTIVIDADES

E por outro, un Taller de Robótica, onde neste caso os rapaces, terán oportunidade de aproveitar que aínda non hai escola para aprender divertíndose, neste caso cunha actividade lúdica onde se iniciarán na programación. Será na primeira semana de setembro en horario das 10 ás 12h.