O Museo da Limia festexa o cancioneiro popular no acto de entrega simbólica de material de recolla e cultura de tradicional oral

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Encontros Musica Tradicional, A Limia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este acto de hoxe simboliza a entrega dun patrimonio inmaterial que partíu no seu día destes eidos e volve a eles para ser gardado e protexido. Supón a entrega dos contidos dixitalizados de cinco cintas de casete que conteñen a expresión musical, recollida nos anos 77, na aldea de O Toxal. Trátase de reivindicar novamente a nosa Cultura, a Nosa Lingua, a nosa orixe e procedencia, as nosas formas de dicir que aquí estamos nós e a nosa honra de ser quen somos e de vir de onde vimos. O motor deste encontro é un anaco da nosa historia próxima, vista desde a Música popular, desde a literatura oral e tradicional que personifican os grupos de xentes das aldeas e dos pobos dea Limia, sobre todo desde aqueles ámbitos certos e próximos, na veracidade das gravacións e documentos pertencentes ao noso esquecido ámbito rural e ao herdo inmaterial que nos conforma. 

Na súa intervención, Baldomero Iglesias (Mero), manifestou: “Todo empezou cando tivemos a sorte de mirar atrás -dixo Mero- de buscar cos ollos e atopar ese noso pasado, esa xente precedente que nos abriu os ollos en admirable sucesión de aconteceres. Si, vimos de atrás. Este tesouro servirá seguro para investigar, analizar e peneirar na nosa fala zonal, nas nosas palabras e vocabularios, nos nosos pensamentos, nas aprendizaxes que van esclarecendo néboas”.