Máis de 40 quilos e 250 pratos consumidos na degustación de cogumelos de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia celebrou este domingo, 27 de outubro, a súa degustación de cogumelos na emblemática Praza Maior de Ribadavia, organizada como cada ano pola Asociación de Mulleres Rurais “Nosa Señora do Portal”. Este evento reúne a veciños e veciñas para desfrutar dun dos sabores máis emblemáticos do outono, o dos cogumelos. Durante a xornada servíronse máis de 250 pratos de cogumelos cociñados á prancha con xamón e tamén guisados con arroz, un dos pratos prefiridos polos asistentes. Esta edición superou as expectativas, con máis asistentes que anos anteriores e acadando un consumo de máis de 40 quilos de cogumelos, o que consolida a degustación como un dos eventos gastronómicos máis destacados da tempada na comarca.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento, que contou co apoio e colaboración do Concello de Ribadavia, brindou non só unha oportunidade para saborear a gastronomía local, senón tamén para celebrar a convivencia e a vida comunitaria nun espazo tan emblemático como é a Praza Maior da localidade. Desde o Concello de Ribadavia, tamén amosaron a súa satisfacción co éxito da actividade. “A degustación de cogumelos é un claro exemplo de como as nosas tradicións poden converterse nun motor de dinamización local, atraendo tanto a veciños como a visitantes. Esta iniciativa é posible grazas ao compromiso e dedicación da Asociación de Mulleres Rurais e representa o espírito de comunidade e colaboración que caracteriza a nosa vila”, comenta a Concelleira de Cultura, Yolanda Gómez.

Tras a boa xornada vivida entre deliciosos pratos e a convivencia entre a veciñanza, a Asociación de Mulleres Rurais e o Concello de Ribadavia xa agardan con ilusión a próxima edición da degustación de cogumelos, convencidos de que a tradición e a gastronomía seguirán sendo o motor de encontros tan entrañables e exitosos coma este.