O Arenteiro vence á Real Sociedad B e mantén a segunda praza da clasificación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O equipo carballiñés viaxou ata o País Vasco e trouxo de volta outros tres puntos máis tras gañar 0-1 no campo de Zubieta ao Real Sociedade B, mantendo a segunda praza e desprazando aos ‘txuri urdin’ da terceira á cuarta da clasificación do grupo 1º da Primera RFEF. Na primeira parte, houbo alternancia no ataque por parte de ambolosdous conxuntos, con algunha internada realista que sacou Diego García, mentres o seu homólogo Aitor Fraga tamén despexou e parou tiros de Enol e Pascu por parte dos verdes. Tra-lo descanso, Club Deportivo Arenteiro saliou con forza e nunha xogada maxistral, un centro de Jordan Sánchez foi aproveitado na área pequena por Enol cun disparo que Aitor non foi capaz de despexar, facendo así o 0-1 no minuto 47 do encontro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A partir deste intre, a Real Sociedad B tentou nivelar o resultado, pero os verdes souberon defender a súa portería e tamén voltaban a achegarse á area local pero sen lograr bater ao cancerbeiro Aitor, e facendo valer o resultado que xa sería definitivo. Con este novo triunfo, o Arenteiro protagoniza unha racha de catro partidos coa súa portería a cero, e faise forte no 2º posto da táboa, con 20 puntos, a sete do líder, a Cultural Leonesa, e un por riba do Barakaldo CF, agora terceiro.

O adestrador verde, Raúl Jardiel, valorou o xogo despregado “a un gran nivel” polo seu equipo tanto en defensa coma en ataque, aínda que con poucas oportunidades para facer gol, fronte a “un difícil” conxunto realista. A seguinte cita será o vindeiro domingo, 10 de novembro, dende as 12,00 horas no campo municipal de Espiñedo coa S.D. Amorebieta, actual colista da clasificación, con tan só 7 puntos, o último conquerido grazas ao empate colleitado na casa precisamente fronte ao líder Cultural Leonesa (1-1).