Este domingo, 17 de novembro, remata aXVII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”do Carballiño coa representación da “sinistra” comedia “Sombras na noite” a cargo do grupo Chumpá Teatro de Cuntis (Pontevedra), que se achegan á vila co firme propósito de pechar esta mostra teatral con toda a enerxía dunha boa brincadeira. Unha chea de personaxes van enchendo o escenario cunha historia de amores, filosofías e miserias da condición humana, mentres xuramentados deambulan co firme propósito de dar caza a un asasino, se ben non teñen moi claro se no fondo queren prendelo vencendo o medo que os ten arrepiados.
A obra ten unha duración de 60 minutos e está dirixida a tódolos públicos, se ben recoméndase para maiores de 12 anos. A representación será ás 8 da tarde no Auditorio Manuel María do Carballiño e a billeteira abrirase media hora antes. Os organizadores deste festival, Tiruleque Teatro, despiden deste xeito unha nova edición, “artellada con toda a ilusión e coa axuda do Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense, que tódolos anos se prestan a arrimar o ombro para contribuír a que o teatro amador sega agromando ano tras ano”, según comentan.