A Deputación trae ao Teatro Principal unha nova edición do Festival Voces Femininas, coa actuación en exclusiva en España de Saint Saviour

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O certame, que leva 17 anos poñendo en valor a mulleres artistas no panorama nacional e internacional, foi presentado hoxe e desenvolverase o 22 de novembro, coincidindo co Día Mundial da Música

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, recalcou que “festivais como este de Voces Feminas fan de Ourense un lugar único, co gran privilexio de disfrutar de artistas de talla internacional como é o caso da inglesa Saint Savoir”, así como a galega Sanny e Elena Setién, procedente do País Vasco”

Ourense, 19 de novembro de 2024.

O Teatro Principal acollerá o vindeiro 22 de novembro, coincidindo co Día Mundial da Música, o festival Voces Femininas, un certame que leva 17 edicións apostando polas artistas mulleres, nun formato innovador nos seus inicios e que se ten consolidado e reforzado nos últimos anos con figuras de talla internacional, tal e como explicou na presentación a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

Edu Romero, de Coconut Producciones, fixo un repaso da traxectoria do Festival, “pois sendo un certame pequeno temos acadado que a nivel internacional as artistas nos teñan en conta”, manifestando tamén que “sen a axuda do Teatro Principal e a Deputación sería completamente imposible poñer en marcha Voces Feminas”. Pola súa banda, César Fernández, vicepresidente segundo e deputado de Cultura, expresou os seus parabéns á organización “por seguir apostando por este festival logo de 17 edicións”, convertindo deste xeito a Ourense “nun lugar único, co privilexio de disfrutar de artistas de talla internacional como é o caso este ano de Saint Savoir”. E recalcou que “todo isto é posible por esta fantástica infraestrutura cultural da Deputación que é o Teatro Principal e o seu extraordinario equipo humano”.

O cartel deste ano de Voces Femininas está conformado por Sanny, artista de Vigo e a segunda galega que forma parte do festival nos seus 17 anos de historia. Tamén participará Elena Setién, do País Vasco; así como Saint Saviour, artista inglesa que actuará non só por primeira vez en España, senón que o fará en exclusiva, pois non fará xira pola Península.