Un total de 100 xogadores participan este xoves no ‘Torneo de Nadal’ de fútbol sala do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón polideportivo Paco Chao acollerá o vindeiro xoves, 26 de decembro, un torneo de Nadal de fútbol sala organizado polo club Fútbol Sala Carballiño coa colaboración da Área de Deportes do Concello. Un total de oito equipos e máis de 100 cativas e cativos achegaranse ata a vila carballiñesa para participar nesta competición, que se desenvolverá ao longo de toda a xornada. O evento contorá co patrocinio da cadea de supermercados Eroski, que distribuirá auga e froita aos xogadores durante a celebración do torneo.

Nesta competición participan equipos do Carballiño, Celanova, Xuventude e Carmelitas, e comezarase a disputar simultáneamente nunha primeira fase eliminatoria nas pistas central e anexa do polideportivo dende as 9,30 horas, para rematar ás 12,50 horas. Xa pola tarde, xogaranse as semifinais dende as 16,30 horas, para rematar coa final ás 18,00, procedéndose a entrega dos trofeos aos gañadores ás 19,00 horas.