O delegado territorial da Xunta reúnese co presidente da federación galega de hóckey

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 02 de xaneiro  de 2025.O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta  mañá na Delegación Territorial co presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Barata. O presidente transmitiulle o seu agradecemento polo apoio constante brindado pola Xunta ao deporte do hóckey na provincia ourensá.

Pola súa banda, Manuel Pardo animoulle a continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do hóckey galego.