Os poemas do “Cantigueiro de Orcellón” voltaron a resoar nas rúas e prazas do Carballiño no Roteiro de Manuel María

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Unha trintena de persoas participou esta mañá no Carballiño no ‘Roteiro Manuel María’ organizado pola Agrupación Cultural Avantar ao xeito de peche da programación de actividades desenvolta por este colectivo co gallo do 50º aniversario da súa fundación. O percorrido polos fitos que recollen os versos que adicou á vila do Arenteiro o autor nado na Terra Chá no seu poemario “Cantigueiro de Orcellón” comezou no adro do templo da Veracruz, onde o historiador carballiñés Felipe Senén López deu lectura a un dos poemas e lembrou a obra do arquitecto Antonio Palacios, do que ao longo de 2024 foi obxecto de conmemoración e homenaxe polo 150º aniversario do seu nacemento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un ‘arrieiro’ foi o encargado de guiar aos participantes polo itinerario, entre eles, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e representantes da Fundación Casa Museo Manuel María. O percorrido segueu pola Rúa do Paseo, con parada diante da Casa dos Quiroga para dar lectura a o poema que Manuel María Fernández Teixeiro adicou a Emilia Pardo Bazán e o seu libro “El cisne de Vilamorta”. A continuación, e sempre coa acompañamento da música dun gaiteiro, o recital de poemas continuou na Praza das Galiñas, Fonte e Casa do Concello, ata entrar no casco histórico de Flores e deterse na Eira e na Fonte deste antigo barrio, onde rematou o roteiro co canto do Himno Galego.

Ademais de Felipe Senén, nesta actividade tamén participou Xan Alfonso García, outro dos catro carballiñeses que figuran como ‘autores’ dd “Cantigueiro de Orcellón” (E.A. Reque Varela), un deles xa falecido (Ernesto Atanasio Janeiro) e César Varela, que estivo ausente na cita. Con este roteiro, os integrantes da A.C. Avantar deui por rematado o programa conmemorativo do seu medio século de andaina, e que lles fixo ser acredores, o pasado mes de novembro, do premio de cultura e investigación nos ‘XIII Galardóns da Arenteira’ que concede o Grupo Cer&Ber.