O Bng expresa o seu apoio ás familias de Procad e o seu rexeitamento aos feitos coñecidos respecto dun ex portavoz de Procapd

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Desde o Bloque Nacionalista Galego, coñecido a través dos medios de comunicación o historial delitivo do ex portavoz de PROCAPD Rosendo Fernández, queremos manifestar as seguintes cuestións:

1. O seu apoio e solidariedade ás familias e membros da Plataforma Procapd nestes duros momentos, compartimos a súa sorpresa, conmoción e dor. Así mesmo, reiteramos o seu apoio á demanda dun centro público e de xestión directa, demanda xusta que non pode deslexitimar o feito de que unha persoa así enganara a todo o mundo nin o uso que se pretenda facer desta noticia.

2. Expresar a nosa máxima condena e rexeitamento sobre os delitos cometidos. Esta terrible situación debe facernos reflexionar sobre a necesidade de que as administracións públicas melloren os seus protocolos e medidas de prevención para impedir que calquera persoa que cometeu un delito destas características poida dedicarse con normalidade ao ensino ou a atención á discapacidade, pois isto demostra que se está fallando.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

3. Reiterar que aínda que esta persoa formou parte puntualmente dunha candidatura local de Coles como suplente, nunca formou parte da afiliación nin do listado de persoas simpatizantes e non tivo nin ten ningunha vinculación política co BNG. Da mesma maneira que os pais e as nais da Plataforma, nunca puidemos imaxinar que un veciño que traballaba para os servizos públicos da Xunta puidese ter este pasado.

4. Lamentar o carroñerismo e a absoluta falta de escrúpulos do Partido Popular, que pretende aproveitarse duns feitos terribles que deberan ter a condena e a solidariedade unánime de todas as siglas para deslexitimar as demandas das familias e atacar o BNG. A súa falta de decencia e o seu intento de enlamar non lles vai servir para tapar o lesivo proceso de privatización dun servizo esencial que están a intentar levar a cabo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------