O Arenteiro busca asaltar Urritxe e seguir soñando co Playoff ante o pechacancelas Amorebieta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O CD Arenteiro regresa á competición tras o parón obrigado pola borrasca Herminia e faino cunha misión clara: sumar tres puntos na súa visita ao Amorebieta, pechacancelas da Primeira RFEF. O conxunto do Carballiño chega en plena forma e co obxectivo de achegarse aínda máis aos postos de promoción, mentres que os vascos necesitan unha vitoria urxente para non afundirse na clasificación.

O equipo de Carballiño inicia o 2025 con forza. Tras pechar o ano con só un triunfo no últimos cinco partidos, os de Jardiel deron un golpe sobre a mesa con dúas vitorias de prestixio: un contundente 3-0 fronte ao Andorra e un traballado 1-2 contra a Ximnástica Segoviana. Agora, cun partido menos debido á suspensión do duelo ante o Barakaldo, o Arenteiro sitúase sexto con 32 puntos, a só un do Playoff e a catro da Ponferradina, que ocupa a segunda praza.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non todo son boas noticias para o Arenteiro. Diego García perderase o encontro tras confirmarse unha pequena rotura no recto anterior, lesión que lle terá afastado dos terreos de xogo durante polo menos tres semanas. Ademais, Javi Moreno cumprirá sanción, o que obrigará a Jardiel a realizar cambios no seu once inicial.