25 de febreiro Día Internacional do Implante Coclear

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 25 de febreiro celébrase o Día Internacional do Implante Coclear, unha técnica coa que se consegue que unha persoa con xordeira profunda poida oír a través da estimulación eléctrica das células acústicas dentro do oído interno.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Precisamente foi o 25 de febreiro de 1957 cando se realizou o primeiro implante coclear, a cargo dos doutores André Djourno e Charles Eyriès. Eles fixeron historia ao facer oír a unha persoa totalmente xorda.

O Día Internacional do Implante Coclear empezouse a celebrar por primeira vez en 2009 e desde entón, asociacións e a sociedade en xeral empezáronse a facer eco deste avance técnico no ámbito da audición. Actualmente celébrase en máis de 60 países con actividades e eventos de todo tipo.