Lánzase a ILP sobre o dereito ao coñecemento de Castelao

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha representación da Comisión Promotora presentaba esta mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, a Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación permanente da multifacética obra de Castelao polo pobo galego.

A ILP, impulsada por Vía Galega e Galiza Cultura, lembra que no ano 1999 o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade a declaración de toda a súa obra como Ben de Interese Cultural. Denuncia que, porén, a materialización desta medida anos máis tarde, a través da aprobación do Decreto 249/2011, do 23 de decembro, “non ten suposto ningún avance real e efectivo no coñecemento da obra de Castelao, nin tampouco na permanencia da súa pegada entre as xeracións máis novas”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por iso agora, cando se cumpren 75 anos da morte de Castelao no exilio, cabodano polo que a Xunta de Galiza declara institucionalmente “Ano Castelao” o 2025, con toda unha seria de actos e actividades, a comisión promotora entende que “deberían ir alén do inicialmente programado e perdurar no tempo con clara vocación de permanencia, na medida en que é a única maneira de que se acabe, de unha vez por todas, co descoñecemento e coa ignorancia sobre a figura e a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que non deixan de ser a consecuencia natural de tantos anos de censura e ocultación”.

Pór en valor a obra e a figura de Castelao

Oobxecto da ILP é, pois, impulsar as actividades a desenvolver pola Xunta de Galiza para difundir e pór en valor a obra e a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Para iso, prevé que a Xunta realice a catalogación de toda a súa obra, en todo tipo de facetas e xéneros, xa pertenza a fondos públicos ou privados, para o seu coñecemento a través dunha base pública de datos dixital de acceso aberto e universal.

Do mesmo xeito demándase que a Xunta defina tamén un espazo museístico, de dimensións apropiadas e con características adecuadas, e realice as xestións necesarias para expor nel toda a obra plástica de Castelao, de forma que poda ser contemplada na súa globalidade por persoas de Galiza e persoas foráneas, “como un dos centros emblemáticos da cultura e da historia de Galiza, procurando para tales efectos os convenios ou acordos oportunos de cesión con todas aquelas persoas e entidades, públicas e privadas, que posúen en propiedade obra de Castelao”.

A derradeira lección do mestre

Un apartado específico se lle outorga, na redacción da ILP, ao cadro “A derradeira lección do mestre” para o que se prevé que a Xunta emprenda as xestións oportunas para a súa adquisición e traslado desde Bos Aires a Galiza, para permanecer exposto, na debidas condicións, xunto ao conxunto da súa obra, no espazo museístico previamente definido, “polo seu valor e simbolismo”.

A ILP compromete tamén á Xunta de Galiza a divulgar o coñecemento da multifacética obra de Castelao, “por representar unha contribución artística, literaria, ideolóxica e política das máis ilustrativas e clarificadoras sobre Galiza e o seu futuro de cantas se produciron no século XX”.  Dun xeito singular saliéntase que se impulsará no sistema educativo, de forma transversal, da obra de Castelao; que se espallará por medios escritos e audiovisuais de titularidade pública ou subvencionados pola Xunta; que se facilitará o acceso público e aberto a través da rede de internet a toda a súa obra dixitalizada para coñecemento e uso de todo o pobo galego e que se promoverá unha edición popular co máis destacado do pensamento político de Castelao, da súa obra literaria e artística.

Comisión Promotora

·         Manuel Ferreiro Fernández. Catedrático da Universidade da Coruña. Máximo Investigador e especialista  do noso himno e da obra de Eduardo Pondal.

·         Pilar García Negro. Profesora Universidade da Coruña  e  Escritora

·         Fernado López-Acuña López. Musicólogo e investigador da partitura do himno.

·         Paulo  Carril Vázquez. Secretario Xeral da CIG

·         Marcos Maceira Eiras. Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

·         María Antonia Pérez Rodríguez. Presidenta da Asociación Cultural o Galo. Vicepresidenta  de Galiza Cultura

·         Alberte Ansede Estraviz. Presidente da Fundación  Manuel María

·         Elia Rico Lagarón. Presidenta da Asociación Cultural Medulio de Ferrol.

·         Antón  Laxe Bermúdez. Coordenador de Vía Galega da Coruña

·         Lucía Veciño Souto. Secretaria da Fundación Galiza Sempre.

·         Xosé Manuel Carril Vázquez. Presidente de Galiza Cultura.

·         Anxo Louzao Rodríguez. Portavocia de Vía Galega 

·         Carme Adán Villamarín. Profesora e filosofa

·         Xosé Manoel Afonso Noceda. Coordenador  de Vía Galega de Ourense

·         Justo Beramendi González. Catedrático de Historia Contemporánea da USC e historiador

·         María Xosé Bravo San Jose. Presidenta da  Asociación Cultural  Alexandre Bóveda da Coruña

·         Marica  Campo Domínguez.  Mestra e escritora

·         Nicolasa Castro Monteiro. Profesora e sindicalista

·         Marta Dacosta Alonso. Profesora e Escritora

·         Marta Ferreiro Fernández.  Profesora e da executiva da CIG-Ensino.

·         Nuno Galán Alves. Membro de Erguer e estudante da Universidade  de Vigo

·         Margarita Ledo Andión. Catedrática da Universidade de Santiago . Escritora E Cineasta

·         Bruno Lopes Teixeiro. Secretario da Fundación  Artábria

·         Susana Méndez Rodríguez. Membro da Coordenadora nacional de Vía  Galega

·         Xosé Manuel  Pereiro Sánchez. Xornalista e escritor

·         Cosme Pombo Rodríguez. Coordenador de Vía Galega de Lugo

·         Elsa Quintas Alborés. Avogada

·         Ana  Romaní Blanco . Xornalista e escritora

·         Cesareo Sánchez Iglesias.  Presidente  da Asociación de Escritores en Lingua Galega

·         Carlos Seráns Olveira. Presidente da Asociación  Galega de Compositores

·         Margarita Viso. Pianista e estudosa da música galega.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------