A Deputación e Asoporcel achegan  á Praza de Abastos de Ourense unha “experiencia gastronómica única” a base de porco celta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O programa de razas autóctonas do Inorde coopera nesta iniciativa para dar a coñecer este produto cárnico con coidadas elaboracións de chefs de Cociña Ourense, en prazas de abastos de Ourense, Ribadavia, O Barco e Xinzo de Limia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Martín Fernández, de Bágoa Gatrobar, sorprendeu con pratos de orella, gyozas e torresmo galego-xaponés

Ourense, 31 de marzo de 2025.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, participou hoxe na Praza de Abastos número 1 da cidade o Mercado rural con porco celta, unha iniciativa da Asociación de Produtores de Porco Celta (Asoporcel) para incentivar o consumo desta raza autóctona nas prazas de abastos de Ourense, Ribadavia, O Barco e Xinzo.

A cita de hoxe, cunha proposta do chef Martín Fernández –de Bágoa Gastrobar- consistiu en degustacións de orella de porco celta en tempura e emulsión de allada coreana, gyoza de guiso de porco celta picantona e torresmo galego-xaponés de porco celta. O obxectivo foi dar a coñecer este produto cárnico a través de coidadas elaboracións, que os asistentes desfrutaron como “unha experiencia gastronómica única”, dixeron os organizadores. As seguintes citas serán nas prazas de abastos de Ribadavia (21 de abril), O Barco de Valdeorras (22 de abril) e Xinzo de Limia (28 de abril).

O deputado de Medio Ambiente José María Lago participou no inicio destas degustacións, ás que tamén acudiron Iván Rodríguez, director técnico de Asoporcel; Cruz Castro, técnico veterinaria; Martín Touceda, gandeiro de porco celta; Lucas Cabanelas, de Bellota Celta; José Armada, director territorial da Consellería de Medio Rural e Bernardino Domínguez Castiñeiras, veterinario do Programa de Recuperación de Razas Autóctonas de Galicia.

Esta iniciativa, coa que a Deputación colabora a través do programa de razas autóctonas do Inorde, implica á asociación Cociña Ourense, cuxos cociñeiros son os encargados de realizar esas demostracións en vivo de elaboracións gastronómicas nas catro prazas de abastos participantes.