O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de presentar un escrito dirixido á alcadía do Carballiño no que solicitan que se proceda á limpeza urxente e mantemento das beiravías da estrada entre Banga e Gomariz (OU-0413), retirando a maleza e podando ou retirando as árbores caídas ou con risco de caer, que poidan supoñer un risco para a seguridade viaria e como prevención ante a propagación dun incendio.
Dende a formación nacionalista apuntan que as marxes desta estrada “presentan unha preocupante acumulación de maleza, vexetación e árbores caídas que obstaculizan a visibilidade dos vehículos, afectando á propia seguridade viaria e constituíndo un serio perigo en caso de incendio forestal”. Lembran que a normativa sobre incendios forestais establece a obriga de manter as vías de comunicación e os seus arredores en condicións que minimicen o risco de propagación de lume, así como libre da caída de árbores ou pólas que poidan danar a persoas e vehículos ou, na peor das situacións, provocar accidentes.
Polo tanto, dende o BNG consideran que o estado actual desta estrada, na marxe de 10 metros tal e como especifica a normativa actual, presenta un perigo evidente para a seguridade dos usuarios da vía incumprindo asemade coas actuais normativas de incendios.