O vindeiro venres, 11 de abril, o Cine Club Carballiño proxectará no Auditorio Manuel María do Carballiño o filme francés “Misericordia”, recén estreado en salas comerciais. Dirixido por Alain Giraurdie, é un thriller rural que recorda ao cinema clásico de Chabrol. Jérémie retorna ao seu pobo natal para asistir ao funeral de Jean-Pierre, antigo xefe seu. Decide quedar uns días na casa de Martine, a súa viúva. Pero unha misteriosa desaparición, un veciño ameazante e un estraño sacerdote van facer que a, en principio breve e tranquila estancia, tome un xiro inagardado.
O filme gañou a Espiga de Ouro á mellor película no Festival de Valladolid, así como o premio ao mellor guión. Os pases serán os habituais dos venres no Auditorio: ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS.