As mobilizacións, antesala do Primeiro de Maio, terán lugar nas sete cidades e Vilagarcía
Compostela, 8 de abril de 2025.- A CIG convoca, para mañá mércores, día 9 de abril, asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, que rematarán con protestas nas sete cidades e Vilagarcía. Mobilizacións nas que se reclaman tres medidas fundamentais: un plan galego de recuperación económica; un plan de protección social e plenas competencias para Galiza en materia laboral, económica e fiscal.
Nas asembleas analizarase tamén a situación actual e a posición da CIG ao respecto e farase un chamamento a participar nas concentracións convocadas por Galiza pola Paz para ese mesmo día pola tarde.
CONCENTRACIÓNS / MANIFESTACIÓNS
- A central terá lugar na Coruña, onde estará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.
A Coruña.- 12.30h no Edificio de Usos Múltiples da Xunta (Praza Luis Seoane).
Compostela.- 12:00h na Praza de Galiza
Ferrol.- 12:00h diante do Edificio da Xunta (Praza Amada García)
Lugo.- 12:00h no Edificio Multiusos
Ourense.- 11.30h na Subdelegación do Goberno.
Pontevedra.- A asemblea terá lugar na Biblioteca Pública e ao remate, entre 11:30 e 12:00 horas, manifestación até a Xunta.
Vilagarcía.- A asemblea celebrarase no Auditorio e ao remate, sairán en manifestación ata a Casa do Mar (INSS).
Vigo.- Manifestación ás 12h desde a rúa Vázquez Varela, 15, até a Xunta.