A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense amosa a súa conmoción e consternación polo asasinato dunha muller de As Ermitas (O Bolo) de 76 anos,

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense amosa a súa conmoción e consternación polo asasinato dunha muller de As Ermitas (O Bolo) de 76 anos, presuntamente, a mans da súa parella e que suporía o sétimo neste ano por violencia machista, segundo confirmou a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así mesmo, as e os socialistas querémonos sumar ás condolencias expresadas polo Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, á familia e aos seres queridos da vítima, así como trasladar todo o cariño e o afecto aos seus achegados e respaldar a súa petición á cidadanía para que sempre que se teña coñecemento de que se estean a dar situacións de violencia de xénero se denuncien.

A violencia de xénero, en calquera das súas formas, e os asasinatos machistas nunca poden ser normalizados nin moito menos silenciados por parte da nosa sociedade. As e os socialistas tamén instamos ao goberno municipal a deixar de mirar cara outro lado ante a necesaria loita contra a violencia de xénero, a blindar o Centro de Información Municipal á Muller e deixar de recortar e desmantelar as políticas de Igualdade e os recursos para esta loita.

Expresamos, nesta liña, que condeamos rotundamente o acontecido en O Bolo. A violencia machista permanece latente e é preciso máis contundencia contra ela no día a día por parte das institucións, as forzas e corpos de seguridade e a cidadanía. No noso país outras seis mulleres foron asasinadas por violencia de xénero en 2025 e suman xa 1.301 dende que comezaron a rexistrarse datos no ano 2003.