A Oficina Municipal de Turismo permanecerá aberta durante toda a Semana Santa no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño vén de informar da apertura da Oficina Municipal de Turismo durante toda a vindeira Semana Santa, co obxectivo de ofrecer atención e información aos visitantes que se acheguen á vila nestas datas festivas.

Estas instalacións ubicadas na praza da Alameda do Carballiño permanecerán operativas desde o luns, día 14 de abril, ata o domingo, día 20, en horario de 10,00 a 14,00 horas polas mañás e de 16,00 a 19,00 horas polas tardes

Dende a Concellería de Turismo “convidamos a toda a veciñanza e persoas que nos visiten a descubrir O Carballiño, un destino acolledor cheo de historia, natureza e gastronomía”, nesta semana tan especial na que, dende o Concello ofertan un programa cheo de actividades culturais e lúdicas, ademais das relixiosas que están promovidas pola parroquia de San Cibrao e a Confrarái da Vera Cruz.

Por todo elo, “animan a todos e todas a pasar pola Oficina de Turismo para coñecer mellor a nosa oferta turística e cultural, e estaremos encantados de axudarvos a planificar a vosa estadía”, baixo o lema “O Carballiño, un lugar para sentir”.