A Deputación doa un lote de libros para o proxecto “Biblioteca para todos” no Hospital de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O deputado provincial José María Lago participou hoxe na presentación do programa de fomento da lectura da área sanitaria, en colaboración coa cafetería Apetéceme

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de abril de 2025.

A Deputación de Ourense doa un lote de libros ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), no marco do proxecto “Biblioteca para todos”, posto en marcha na cafetería Apetéceme das instalacións do hospital. Con motivo do Día do Libro, que se celebra mañá, o deputado provincial José María Lago participou hoxe no acto no que os responsables do CHUO presentaron o programa de fomento da lectura.

A través de “Biblioteca para todos”, o hospital estrea na cafetería un espazo cultural onde se poderán ler e entregar libros.

 A Deputación fixo entrega de publicacións relacionadas con diferentes temáticas da provincia, como arte, historia, ou etnografía. Tamén se entregaron marcapáxinas aos pacientes do CHUO.