Deputación e CEO manterán a colaboración no fomento da internacionalización das empresas ourensás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da institución provincial, Luis Menor, mantivo hoxe o primeiro encontro de traballo coa presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, reunión na que tamén participou a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa 

Menor repasou coa presidenta da Confederación Empresarial os programas nos que veñen colaborando a Deputación e a CEO, entre eles o plan Exportou para promover a internacionalización das empresas, un dos eixos de traballo que seguirán en activo 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 14 de setembro de 2023.- A Deputación de Ourense e maila Confederación Empresarial de Ourense (CEO) manterán a liña de colaboración aberta desde hai seis anos para o fomento da internacionalización das empresas ourensás. Así o destacou o presidente da institución provincial, Luis Menor, tralo encontro que mantivo esta mañá coa presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, e no que tamén participou a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa. 

Neste primeiro contacto institucional, Luis Menor repasou coa presidenta da Confederación Empresarial os programas nos que veñen colaborando a Deputación e a CEO, entre eles o plan Exportou para promover a internacionalización das empresas, un dos eixos de traballo que seguirán en activo. Tamén recibiu información o presidente provincial sobre o programa Reactiva Ourense, que tiña como obxectivo ás persoas desempregadas maiores de 45 anos que perderán o seu posto de traballo durante a crise económica derivada da pandemia. 

Outro dos asuntos tratados referiuse á organización dunha nova gala, na que xa está a traballar a CEO, para poñer en valor ante a sociedade o labor que realiza o empresariado ourensán, iniciativa na que tamén colaborará a Deputación. 

Luis Menor felicitou á presidenta da Confederación Empresarial pola súa reelección para o cargo o pasado xuño, comprometendo para próximas datas unha visita á sede empresarial para seguir afondando en novos proxectos de cooperación.