O concurso para adxudicar a xestión do ciclo integral da auga no Carballiño entra na súa recta final

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A mesa de contratación encargada do proceso de adxudicación do ciclo integral da auga do Carballiño procedeu á apertura das plicas de oferta económica presentadas polas empresas que participan no concurso, resultando que a ourensana Copasa obtivo provisionalmente a máxima puntuación. Sen embargo, a comisión seleccionadora aínda está pendente de verificar que as empresas cumplen tódolos requisitos esixidos nas bases de contratación e que, polo tanto, aínda non está resolto definitivamente o concurso, según aseguraron fontes do Concello carballiñés.

Así, aínda que inicialmente Copasa tería vantaxe sobre as outras entidades concursantes, a mesa de contratación deberá revisar toda a documentación presentada por tódalas empresas antes de emitir un veredicto final. Entre elas atópanse Espina y Delfin, Gestagua, Aqualia, Viaqua, Sacyr, Facsa Oreco e Acciona.

A concesión do ciclo da auga terá un periodo de vixencia de 20 anos e o orzamento base da licitación supera os 55 millóns de euros, se ben a adxudicataria deberá acometer obras nas redes de abastecemento e saneamento por un valor superior aos 6 millóns de euros, incluindo a construcción dun novo depósito de almacenamento na zona de captación do río Arenteiro.