“Amoras con causa”, froitas solidarias coa inclusión social na Praza Maior do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto “Amoras con causa” é unha iniciativa solidaria da froitería Amoras do Carballiño que se desevolveu na pasado fin de semana, coa instalación dunha furgoneta ‘fruit truck’ na Praza Maior da vila durante o venres e o sábado, e co acompañamento dun amplo programa complementario de actividades lúdicas. O obxectivo era a recadación de donativos para a entidade i’tics, unha asociación sen ánimo de lucro que promove a inclusión das persoas discapacitadas en tódolos ámbetos da sociedade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha iniciativa da emprendedora Ana Rodríguez, que nos convidou a ter unha alimentación máis sana como é a de froitas e verduras, e cun carácter fundamentalmente benéfico. “Esta fruit truck é unha liña de negocio que puxemos en marcha e na que ofreceremos combinados de froitas totalmente gratis ás persoas que se acheguen ata aquí, e a cambio poden facer un donativo para a asociación”.

A asociación i’ticks que, según comentou a súa presidenta, Rosa Echevarría, “é un espazo integrador onde non hai diferenza entre discapacidade e non discapacidade e no que se promove a inclusión en todo tipo da actividades, xa sexan no ámbeto social, turístico ou deportivo”.

A afluencia de persoas á Praza Maior foi numerosa durante o  venres 30 e o sábado 31, nos horarios de 18,00 a 21,00 horas nos que se desenvolveu esta actividade solidaria, e a elo tamén contribuíron as actuacións musicais de DJ A3060 e DJ Dab Music, ademais dun ‘photocall’ con Richard de Whitebox Portraits; xogos tradicionais por Aspadisi e animación a cargo de Brincos e Tempo Libre Máxico.