Cortegada mantén oito casos activos e Ribadavia e Beade un contaxiado cada un

O Ribeiro mantén a mesma situación ca onte. Cortegada conta hoxe con oito casos activos, os mesmos ca dende o pasado mércores. Hoxe presenta o máximo da comarca.

Ribadavia mantén hoxe unha soa persoa contaxiada, a mesma situación ca dende o pasado xoves. O concello de Beade conta hoxe cun so positivo, mantendo a mesma cifra dende a semana pasada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Leiro, Melón, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.