A Xunta arranxará as dársenas da estación de autobuses

O contrato foi adxudicado á empresa Construcións e Reformas Tono Cruz 2016 S.L., por unha inversión de cerca de 11.000 euros. As obras contan cun prazo de execución dun mes.

A intervención que se levará a cabo ten como obxectivo o relevo da zona central da cuberta de policarbonato das dársenas. Os traballos inclúen tamén actuacións na zona do encontro da cuberta co edificio, para evitar que se produzan filtracións de auga. Esta actuación responde ó compromiso da conselleira co alcalde do Carballiño. Na reunión mantida acordaron que é o paso previo á cesión do edificio ó concello. Tamén se propuxo a idea de trasladar os servizos de autobuses a un lado da actual estación do ferrocarril, co fin de destinala a usos sociais.

AVANTAR ACTIVIDADES