O BNG sinala que informes técnicos do Concello “confirman a nula vontade do Goberno Local no pagamento dos atrasos a Bombeiros e Policía Local”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo municipal faise eco do sinalado nun Informe que vai a Pleno este venres e no que a Intervención municipal advirte que por orde do Goberno Local paralizouse a tramitación por urxencia do expediente de modificación de crédito 5P/2024 que incrementaba o capitulo I do Orzamento en máis de 4 millóns de euros

COMERCIAL ORCELLÓN

Ourense, 04 de xuño de 2025. O Grupo municipal do BNG compareceu esta mañá en rolda de prensa para avaliar un dos expedientes que figuran na orde do día do Pleno ordinario que o Concello ten previsto celebrar este venres. Dito informe, correspondente á posta en coñecemento do informe anual relativo ás resolucións adoptadas contrarias aos reparos formulados ao longo do exercicio económico do 2024 non será sometido a debate, tratándose dunha mera dación de contas.

O Portavoz da formación nacionalista Luís Seara fixo referencia precisamente a este feito ao dicir que “o feito de que non sexa sometido a debate este informe non implica que a veciñanza no seu conxunto non teña dereito a coñecer algunhas das cousas que nel se din, que teñen certa trascendencia política e que ademais ratifican o que desde o BNG levamos moito tempo dicindo no que ten que ver coa xestión económica e o xeito de proceder do actual Goberno Local”.

De entre os 158 levantamentos de reparo e as 13 omisións da función de fiscalización, Seara referenciou que no mesmo fálase unha vez máis da contratación das luces de nadal e como esta realízase sistemáticamente sen contar co crédito necesario, as obras de contratación do Parque Coto de Canedo, sinalando que pese a terse aprobado unha modificación de crédito, a día 3 de xuño de 2025 o Concello aínda non dispón dos preto de 3 millós de euros para facer fronte aos pagamentos do presente exercicio así como o abuso que o Executivo de Jácome fai das atribucións temporais de funcións, excedendo mesmo os prazos establecidos na lexislación.

Outra das mencións de Seara foi relativa á reducción das tarifas no transporte público “pois queda acreditado o que nós xa denunciamos no seu día, que o órgano competente para a toma desa decisión era o Pleno e non a Xunta de Goberno Local pero claro, Jácome quería ter en solitario esa baza pois el emprega a máxima de socializar os problemas pero atribuirse persoalmente os méritos aínda que, como neste caso, non lle correspondan”.

Pagamento de nóminas.

O Portavoz do BNG Luís Seara quixo deterse especialmente na parte do informe referida ao pagamento das nóminas ao persoal municipal. Seara dixo que “o non pagamento dos pluses de nocturnidade e festividade a Policía Local e Bombeiros en tempo e forma ao longo de todo este tempo non é, tal e como se dixo por parte do Goberno Local en diversas reunións, culpa da Intervención municipal”, e engade, “lembraredes que o ano pasado o Pleno tivo que posicionarse sobre un presunto, e digo presunto porque non era tal, reparo do Interventor sobre a existencia de crédito ou non, defendendo o Goberno que si existía, aínda que curiosamente uns días despois votábase unha modificación de crédito, a 5P/2024 por importe de 4.747.784,47 euros”.

“Nós xa dixemos daquela e sen ser adiviños que estabamos diante dunha manobra do Goberno para inflar a partida e poder, vía Decreto, dispór deses cartos no exercicio 2025 e o tempo vén de darnos a razón pois o último que lle preocupaba a Jácome era pagarlle a Bombeiros e Policía Local o que se lles adebeda xa que impediron que a tramitación da publicación no BOP da modificación de crédito 5P/2024 se fixese con carácter de urxencia, ordenado que esta se fixese a través da tramitación ordinaria”.

Para o Portavoz dos nacionalistas “este feito demostra que o Alcalde puido acelerar os trámites para pagarlle a Bombeiros e Policías e non o fixo por un cálculo estrictamente político e partidario polo que queda acreditado que non é unha prioridade para el pagarlle aos empregados públicos o que se lles adebeda senón que estamos diante dun Goberno que incumpre a norma sistemáticamente e que minte deliberadamente”.

Inseguridade na Porte e o Vinteún.

Preguntado polos xornalistas presentes na rolda de prensa, Luís Seara quixo deixar clara a postura do BNG en relación a todo o que está acontecendo nos barrios da Ponte eo Vinteún. “Dicir en primeiro lugar que no BNG somos conscientes do clima de inseguridade que se está a vivir nestes barrios da cidade e da inquedanza e o desasosego que está a xerar na veciñanza”.

“Ante esta situación as administracións públicas, todas elas en coordinación e cada unha en base ás súas competencias temos que dar resposta á chamada e ás peticións de solucións que reclama a veciñanza sendo en todo caso as forzas e corpos de seguridade os encargados de aportar as solucións máis inmediatas e os encargados de garantir a seguridade”.


“Dicir que rexeitamos as mesmas pois non lle corresponde á veciñanza exercer ese papel e porque estamos vendo con moitísima preocupación como están sendo empregadas por grupos ultras de extrema dereita, con persoas vidas incluso desde Madrid, para difundir as súas mensaxes de odio, de racismo e de xenofobia, incitando claramente á violencia con comentarios nas redes que son absolutamente deleznables e mesmo delictivos”.


Segundo o Portavoz do BNG “temos un Concello que desmantelou os Servizos Sociais e con iso boa parte de todos os programas vinculados a tratar a drogodependencia, o senfogarismo alén doutras problemáticas diante das que non se está a facer absolutamente nada e que favorecen que determinadas persoas se atopen totalmente soas e sen ningún soporte a que poder acudir ou aferrarse para sair desta situación”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------