A ruta do viño da Ribeira Sacra Sil enriquece desde hoxe os “Trens Turísticos de Galicia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Recupérase este roteiro logo de dous anos, dentro da iniciativa posta en marcha en 2013 pola Deputación a través do Inorde, Renfe e a Xunta por medio de Turismo de Galicia

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e mailo representante institucional de Renfe en Galicia, Javier Pérez; así como o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, asistiron hoxe á saída deste tren desde a Estación Empalme cara Os Peares

Ourense, 7 de xuño de 2025.

Os “Trens Turísticos de Galicia” suman desde hoxe unha nova ruta cara a Ribeira Sacra, recuperada tras un parón de 2 anos, xa que esta mañá saiu da Estación Empalme cara os peares o convoi desta oferta sostible para coñecer a provincia de Ourense a través dos roteiros dos viños das Denominacións de Orixe. O presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández, participou na saída desta ruta que forma parte da iniciativa posta en marcha no ano 2013 polo Inorde, RENFE e Turismo de Galicia. Á saída do tren tamén asistiron o representante institucional de RENFE en Galicia, Javier Pérez, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Rosendo Fernández destacou o éxito que cultiva ano tras ano esta proposta turística que “permite aos usuarios coñecer a provincia desde a perspectiva que ofrece o tren, percorrendo enclaves naturais, enogastronómicos, patrimoniais e culturais de referencia e sempre acompañados durante todo o traxecto por un guía especializado”.

Ourense volve así, un ano máis, “a ter un peso importante nesta iniciativa ao pasar 5 dos 13 roteiros ofertadas pola nosa provincia”, sinalou Rosendo Fernández. Esta edición como novidade recupera o roteiro da Ribeira Sacra Sil e de Valdeorras Ribeira Sacra, que non se puido levar a cabo por obras neste trazado do ferrocarril. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man os que moitos consideran os mellores viños do mundo”, lembrou Rosendo Fernández.

Estes roteiros enriqueceranse con visitas a adegas, a lugares de gran interese patrimonial como o Mosteiro de San Pedro de Rocas, o Santuario das Ermidas, o Castro de San Cibrao de Las ou o Castillo de Monterrei. Tamén están incluídas as visitas aos Museos das Estacións de Tren do Inorde que mostran gran parte da historia, cultura e etnografía ourensá e mesmo, nalgunha deses roteiros viaxarán tamén en catamarán.

E consolídanse tamén iniciativas como as visitas teatralizadas na aula-Museo do ferrocarril en Os Peares e na fortaleza de Monterrei; ou as visitas singulares ao “ecoespacio do Rexo” en Allariz e á Colexiata de Xunqueira de Ambía, un dos grandes referentes patrimoniais que nos atopamos na Vía da Prata, antes de regresar a tomar o tren na estación histórica de Baños de Molgas.

Os “Trens Turísticos de Galicia” ofertan este ano un total de 13 roteiros con temáticas diferentes para coñecer Galicia e un total de 33 saídas, mantendo o prezo por usuario de 45 euros para adultos e de 20 euros para nenos de entre 3 e 13 anos, cunha rebaixa do 15% para os grupos de 10 ou máis adultos.