O pleno sobre o transfuguismo solicitado por Espazo Común reunirá á Corporación este xoves

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Corporación Municipal do Carballiño reunirase este vindeiro xoves, 19 de xuño, na sesión extraordinaria solicitada por Espazo Común a fin de coñecer a postura dos diferentes grupos políticos sobre o Pacto Antitransfuguismo. O motivo desta solicitude foi a retirada, no pasado pleno, dunha moción semellante presentada por Espazo Común e que non pudo ser debatida ao abandonar a sesión o alcalde, Francisco Fumega, por ter que acudir a unha cita médica.

As concelleiras e concelleiros de Espazo Común pretenden que se aclare a situación actual de militancia de Fumega no PSdeG-PSOE, tras serlle aberto un expediente de expulsión por asinar, hai agora un ano, o pacto de goberno co Partido Popular que lle permitíu unha maioría suficiente na Corporación para poder desbloquear a xestión de goberno do Concello.

O grupo municipal de Espazo Común confía en que a cidadanía asista á sesión plenaria deste xoves, que comezará ás 9,00 horas, tendo en conta a importancia e o interese do tema que será tratado nela.