A Residencia da Terceira Idade ‘Hermanos Prieto’ do Carballiño celebrou na tarde de hoxe o ‘Día dos Avós’ para render homenaxe a tódalas persoas maiores que están aloxadas neste centro cunha gran festa, que estiveron acompañados polos seus familiares. A celebración tamén serveu para felicitar a Dolores ‘Lola’ Álvarez Pedrouzo, unha veciña da parroquia de Madarnás que cumpría os 100 anos.
“Unha festa-guateque veraniego”, tal e como a calificaba Belén Rodríguez, educadora social da Residencia e unha das organizadoras, na que non faltaron as guirnaldas, os globos, uns excelentes pinchos e bebida a fartar para merendar e, como non, un grupo musical para animar a velada con bailes incluídos. Todo elo, no espazo dun dos patios exteriores do complexo residencial e en conmemoración da data do pasado 26 de xullo, festividade dos santos Xaquín e Ana, patronos das persoas maiores.
E dende a dirección do centro xeriátrico tamén quixeron festexar os 100 anos de ‘Lola’ Álvarez, que soplou as velas dunha tarta en compañía das súas netas e outros integrantes da súa familia, mentres todos alí congregados lle cantaban o “Cumpreanos feliz”, que ‘Lola’ tivo unha lembranza especial para o seu avó, Avelino Pedrouzo, emigrante en Filipinas a mediados do século XIX e que finou na guerra e por elo está recoñecido coma un dos históricos ‘Últimos de Filipinas’.
Dolores Álvarez recibíu un ramo de flores do persoal da residencia ‘Hermanos Prieto’ e tamén outro de felicitación do Concello do Carballiño, que lle foi entregado polo concelleiro de Benestar Social, Diego Fernández, que asistíu á velada xunto co edil de Turismo, Manuel Dacal. E a festa prolongouse ata ben entrada a noitiña.