O Bng de Ourense solicita unha declaración institucional de apoio as reivindicacións da Plataforma en defensa do tren da Gudiña.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

BNG OURENSE. SOLICITUDE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CONCELLO DE OURENSE

Xosé Luís Seara Fernández, en calidade de Concelleiro-Portavoz do Grupo municipal do BNG
no Concello de Ourense, comparece e
EXPÓN

  1. Que recentemente vén de crearse unha Plataforma en defensa do tren na Gudiña como
    consecuencia da supresión de varios servizos diario, causando un grave prexuízo ás usuarias
    e usuarios. Os alcaldes, as asociacións e a veciñanza que integra a mesma, mantéñense
    firmes na defensa das súas reivindicacións, baseadas fundamentalmente en recuperar as
    frecuencias que existían antes do recorte, nomeadamente o mantemento dos trens de
    primeira hora da mañá e de última hora da tarde en ambos sentidos de circulación. Trens
    con saída ou destino en Madrid, Ourense, Santiago de compostela, A Coruña ou Vigo.
    A estación da Gudiña, ademais de ser a porta de entrada a Galiza, presta un importante
    servizo ás comarcas ourensáns de valdeorras e Monterrei, por non falar do Bierzo ou mesmo
    do Norte de Portugal. Estación articulada como punto de acceso á rede de alta velocidade e
    que acumulou, segundo os últimos datos, máis de 40.000 usuarios e usuarias no ano 2024.
    Dada a importancia que a estación da Gudiña ten para o desenvolvemento e a mobilidade na
    provincia de Ourense, consideramos necesario que o Concello da capital se involucre e
    amose todo o seu apoio á plataforma e ás reivindicacións lexítimas de todos os colectivos,
    asociacións e institucións que a integran.
    Por todo o exposto con aterioridade,
    SOLICITA
  2. Que desde o Goberno local do Concello de Ourense se impulse a redacción dunha
    declaracións institucional consensuada por todos os Grupos municipais para a súa lectura no
    vindeiro Pleno ordinario previsto para o venres 1 de agosto, e co obxectivo de amosar o
    apoio do Concello e de toda a veciñanza de Ourense ás xustas reivindicacións da Plataforma
    en defensa do tren da Gudiña.
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------