O Auditorio do Carballiño acolle a exposición do obradoiro artístico de Mari Carmen González

O alumnado do obradoiro de pintura de Maria Carmen González expón dende hoxe e ata o 10 de setembro no Carballiño unha mostra dos traballos que realizaron ao longo de todo o ano. Son 31 as creadoras e os creadores, con idades de sete anos en diante, os que dan conta da súa faceta artística, con obras plasmadas en técnicas como lapis, carboncillo, plumiña, tinta china, pastel, acuarelas, ceras, acrílicos e óleos, entre outras.

Esta mostra, que combina o proceso de aprendizaxe do alumnado coa exhibición dos seus resultados, lévase a cabo cada dous anos dende 1985 e conta coa colaboración do Concello do Carballiño.

A exposición poderá visitarse na sala de mostras do Auditorio Manuel María en horario de 19,00 a 22,00 horas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------