A opinión de Carlos Varela (ex-Fiscal Superior de Galicia): “Eficacia da pulseira electrónica en incendiarios forestais “

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O carballiñés e ex-Fiscal Superior de Galicia Carlos Varela ofrece aos lectores de Badalnovas este artigo:

Asumindo o dereito como tecnoloxía social que busca solucionar problemas reais, a lexislación portuguesa estableceu, a partir do ano 2017, a posibilidade de que os incendiarios forestais viran restrinxida a súa mobilidade mediante pulseira electrónica.

Trátase dunha medida de control, non contemplada especificamente para esta situación por ningún outro ordenamento xurídico, polo que resulta de interese avaliar esta experiencia concreta.

Para elo, acudiremos a opinión dunha experta na materia.

Segundo Conceiçao Condeço, directora dos Serviços de Vigilancia Eletrónica da Direçao Geral de Reinserçao e Serviços Prisionais, a súa taxa de éxito é do 100%, no caso de incendiarios, tanto no referente ao seu confinamento obrigatorio en vivenda e zonas de exclusión, como para a modificación da execución da pena e a adaptación a liberdade condicionada.

É un «territorio punitivo alternativo» deseñado especificamente para persoas de risco medio e non limítase ao control ou a supervisión; combina estes factores coa asistencia rehabilitadora para fomentar o respecto as normas por parte dos penados e dotarlles de habilidades persoais e sociais que lles aparten da práctica delituosa como «incendiarios en serie».

Esta experimentada profesional, formada nas aulas de dereito das Universidades de Lisboa é Coimbra, sostén que «a vixilancia electrónica é un sistema moi valioso que debería utilizarse máis na prevención de incendios forestais, especialmente nos períodos de maior risco e para ser aplicado a quen está en liberdade condicional ou con condenas suspendidas, quen a miúdo provocan novos incendios».

Segundo datos proporcionados pola Direçao Geral de Reinserçao e Serviços Prisionais, 105 persoas teñen actualmente penas suspendidas por incendios forestais, e delas, 22 deben permanecer nos seus domicilios con brazaletes electrónicos durante o período de maior risco.

Tras moitos anos traballando no sector penitenciario, Conceição Condeço destaca que a vixilancia electrónica ten moitas vantaxes: «Disuade novos delitos porque saben que están a ser monitoreados, é menos custosa para o erario público, protéxeos dos efectos criminóxenos da prisión, non sepáraos das súas familias e lles da a oportunidade de seguir traballando».

Outro dato relevante: é moito máis barato manter a un recluso baixo vixilancia electrónica, sempre que as condiciones procesuais permítano. «A comparación é abismal. Ao día, un recluso custa 61,13 euros, mentres que la vixilancia electrónica costa 8,12 euros».

Este territorio punitivo alternativo consistente en estar sempre localizable mediante aparellos electrónicos que permitan un seguimento permanente ou a prohibición de acudir a determinados lugares, está tamén presente na nosa lexislación. Con todo, a potencialidade desta medida permanece aínda inédita na súa aplicación aos delitos de incendio forestal.

No relativo a programas de reinserción social para os condenados por este crime, a Universidade de Kent (Reino Unido) desenvolveu o Firesetting Intervención Programme for Prisoners (FIPP), liderado pola profesora Theresa Gannon. Este programa, está deseñado para tratar a adultos que cometeron actos de incendios intencionais, co obxectivo de reducir a reincidencia mediante intervencións psicolóxicas e terapia cognitivo-conductual.

A efectividade do FIPP, cunha probabilidade de 3,5 veces maior de reducir o comportamento incendiario, é un indicador da súa significativa efectividade na modificación de comportamentos relacionados co lume.

No que se refire a reinserción social dos reclusos que teñan sido condenados por incendio forestal, non están prevista na nosa lexislación medidas específicas aplicándose, como tal, o réxime xeral de reinserción social.


Outros artigos de Carlos Varela:

A opinión de Carlos Varela (ex-Fiscal Superior de Galicia): “Incendios forestais: punición e reinserción”


Carlos Varela García :

  • Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. (promoción 1974-1979)
  • Ingresou, por oposición, na carreira Fiscal en maio de 1.985
  • Comezou seu exercicio profesional na Fiscalía de Vigo, onde foi Fiscal de protección de menores e de delitos económicos.
  • Fiscal Superior de Galicia desde xuño de 2004 a marzo de 2015
  • Na actualidade é fiscal no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

DISTINCIÓNS :

  • Premio Lois Peña Novo polo uso profesional do galego
    (2001)
  • Fillo adoptivo de Cangas do Morrazo (2009)
  • Premio Dolores Llopiz do Colexio Oficial de Psicólogos de
    Galicia (2010)
  • Premio Freire Carril da Asociación Agromadas de Seixalvo (2013)
  • Premio Cereixa de Ouro da parroquia viguesa de Beade
    (2013)
  • Premio Arenteira do Carballiño (2014)
  • Premio Agradecemento da Asociación Daravelo de Cangas
    (2019)

Esta é unha pequena relación de distincións. Cabe destacar a firme defensa do uso da lingua galega no ámbito xurídico e público levada a cabo por Carlos Varela durante o seu exercicio profesional. Esta postura, fundamentada no marco legal, foi recoñecida de forma expresa polo Tribunal Supremo, que no seu día felicitou ao entón Fiscal Superior de Galicia pola presentación dun recurso escrito en galego, valorando tanto a lexitimidade como o rigor xurídico do mesmo ( https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/09/28/span-langgl-tribunal-supremo-felicita-ao-fiscal-carlos-varela-recurso-escrito-galegospan/00031632848628980364346.htm )

Este feito non só subliña o seu compromiso cos dereitos lingüísticos e a identidade cultural de Galicia, senón que tamén evidencia un profundo coñecemento da legalidade vixente e unha destacable valentía profesional na defensa de principios fundamentais.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------