A Deputación de Ourense pon en marcha un laboratorio de ideas sobre turismo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase do chamado “hackathon”, no eido do proxecto europeo POST “Turismo Policéntrico sostible”, Programa Espacio Atlántico del período 2021-2027, financiado por FEDER ao 75%

O obxecto consiste en que 25 participantes de diferentes disciplinas traballen no turismo do futuro a través dun enfoque innovador e sostible que busca redistribuír os fluxos turísticos da costa cara o interior

As inscricións están abertas ata o 10 de outubro e poden realizarse na web: 101area.com/hackathon_ourense

Ourense, 6 de outubro de 2025.

Ourense acollerá o 25 de outubro un Hackathon- Laboratorio de ideas para repensar o turismo, organizado pola Deputación de Ourense e o proxecto europeo POST. “Hackathon” nace de xuntar as palabras hacker e maratón, un modelo de solucións a través do cal a Deputación de Ourense aspira a que 25 participantes de diferentes disciplinas traballen no turismo do futuro a través dun enfoque innovador e sostible que busca redistribuír os fluxos turísticos da costa cara o interior.

Xóvenes talentos, startups, profesionais do turismo e axentes locais, en base á información recollida durante a fase de análise, conformarán 5 equipos, equilibrando coñecementos técnicos, habilidades de negocio, creatividade e experiencia sectorial. Esta estrutura de traballo fomentará a colaboración e aumentará a calidade das solucións nas mesas de traballo: Rutas intelixentes e multiexperiencia, gamificación cultural e rural, mobilidade verde e accesible, pasaportes territoriais e recompensas e cambio climático e recuperación da paisaxe.

Esta última temática xira en torno á problemática dos eventos climáticos extremos que sofre a provincia e aos impactos que xeran, poñendo o foco na vaga de incendios que sufriu a provincia de Ourense este verán.

A fase virtual, con sesións e acompañamento, celebrarase do 13 de outubro ao 24 de outubro. Pola súa banda, a Demo Day terá lugar o 25 de outubro no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, onde un xurado profesional entregará ata 1.500 € en premios.

As inscricións están abertas ata o 10 de outubro e poden realizarse a través do formulario da web: https://101area.com/hackathon_ourense/ . Tamén se pode atopar mais información nos perfís do proxecto creados en Instagram e Youtube.

O Comité de Seguimento do Programa Espacio Atlántico, acordou a concesión dunha axuda do 75% do FEDER ao proyecto POST- Turismo policéntrico sostible: Identificación dunha estratexia cara a sostibilidade do sector atlántico, presentado á primeira convocatoria do Programa Espacio Atlántico do período 2021-2027. O proxecto conta cun orzamento total de 1.547.964,45€ e está integrado por 10 socios: o Eixo Atlantico do Noroeste Peninsular (BP), a Deputación de Ourense, o INORDE, Turismo de Porto e Norte de Portugal, Municipio de Braga, Instituto Politecnico de Viana do Castelo, Dun Laoghaire Rathdown County Council (Irlanda),  Atlantic Technological University – Campus of Sligo (Irlanda), Atlantic Cities e o PETR Ouest Charente – Pays du Cognac (Francia).

O principal obxectivo deste proxecto é desenvolver e testar o concepto de “Turismo Policéntrico”; un enfoque innovador que pretende redistribuír os fluxos turísticos nos territorios do interior galego, portugués, francés e irlandés a través de medidas que favorezan o desenvolvemento sostible do territorio.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------