
A programación do Cine Club Carballiño para esta semana será dobre, xa que aparte da sesión habitual dos venres tamén ofrecerá outra o domingo, dentro do ciclo ‘Filmoteca’. Así, o vindeiro venres, día 10 de outubro, proxectarase no Auditorio Manuel María a película tailandesa “Cómo facerse millonario antes de que morra a avoa”.
O argumento conta que, cando M, un rapaz folgazán e mexericas, descobre que a súa avoa sofre unha enfermidade terminal, decide deixar a súa precaria carreira como streamer para coidar dela. Iso si, coa ollada posta no seu patrimonio multimillonario. Pero gañarse á avoa non é tan doado. Resulta ser unha muller de armas tomar, esixente, rigorosa e moi difícil de compracer. E, por si fora pouco, M non semella ser o único descendente interesado. Os pases serán, coma sempre, ás 20,00 h en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 h en VOS.
E o domingo, día 12, Cine Club Carballiño terá na ‘Filmoteca’ unha película india, “A luz que imaxinamos”, da directora Payal Kapadia. En Mumbai, a rutina da enfermeira Prabha vese alterada cando recibe un agasallo inesperado do seu marido, que traballa en Alemania. A súa compañeira de piso Anu, máis nova, intenta en van atopar un lugar na cidade para intimar co seu mozo. Unha viaxe a unha cidade costeira lles permite encontrar un espazo para que os seus desexos se manifiesten. Unha película que foi aclamada polo público e pola crítica, gañadora do Gran Premio do Xurado en Cannes, nominada aos Globos de Ouro e gañadora do Premio ‘Otras Miradas’ no festival de San Sebastián. Neste caso, haberá un único pase no Auditorio, ás 19,00 h, en versión dobrada ao castelán.