Xornadas Pensamento e Creación: Castelao, 75 anos despois

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As Xornadas de Pensamento e Creación que veñen celebrándose en colaboración entre a Universidade de Vigo e a Aula Castelao de Filosofía, o presente ano dedícase a conmemorar o 75 aniversario de Castelao.

Celebraranse o xoves 16 e o venres 17 de outubro a partir das 19:00 h. na Casa das Campás, no vicerreitorado da Universidade de Vigo en Pontevedra.

Como todos os anos, combinan unha palestra cunha actividade creativa. Nesta ocasión o primeiro día, o xoves 16,  ás 19:00 h. Impartirá a súa conferencia o escritor Manuel Rei Romeu co título “A creación literaria de Castelao”. Ás 20:30 Concerto de Ugia Pedreira e Alejandro Vargas.

O venres 17, ás 19:00 h. Conferencia do profesor Paulo Porta Martínez co título “A creación artística de Castelao”. Ás 20:30 proxección do documental “As cruces de pedra na Bretaña (O retorno)” da A. C. Vagalumes.

  • Manuel Rei Romeu. Profesor de Lingua e Literatura Galega, especialista na obra de Castelao, de quen publicou os seguintes estudos:
    • Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao, 1991, Edicións do Cumio.
    • Castelao e Sempre en Galiza, 1996, Laiovento.
    • Afonso Daniel Castelao, 1999, A Nosa Terra.
    • Volver a Castelao, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Participando en multitude de taballos colectivos, congresos e palestrar sobre este autor. Recentemente vén de publicar: “Castelao, desta terra e deste tempo” coa editora Tempo Galiza.

  • A Pedreira & Alejandro Vargas. Ugia Pedreira. Compositora e intérprete.  Folk, ska, electrónica, latin, trad… O de Ugia é explorar texturas e dimensións, tanto á hora de compoñer coma coa súa voz. O traballo que agora presenta, o disco Segmento cantábrico xunto co minipoemario Atalaia Norte, é o primeiro que asina como A Pedreira. Porque nel está e non está a Ugia de Chouteira, de Ecléctica Ensemble, de Marful, de Nordestin@s, de Acrobata ou A comuna del Barruzo. Afirma o xestor cultural Xavier Campos que este novo proxecto, que combina folk electrónico con spoken word e poesía, é “un disco xeneroso, cheo de leccións e aprendizaxes que non se ofrecen, son. Un disco que vai perdurar, que abre unha nova etapa, despois de deconstruír o palco e mirar de fronte a esencia”. Alejandro Vargas é compositor e pianista cubano Foi profesor de Harmonía e Piano Popular na Cátedra de piano da Universidade da Habana (ISA) entre 2006 e 2008. Tamén é compositor adxunto á Escola Internacional de Cinema de San Antonio dos Baños, onde traballa como compositor de música para curtos audiovisuais e documentais.Actualmente desenvolve un intenso traballo sobre a improvisación libre e o free jazz. A dúo co excelente baterista Luis Alberto Legido presentan o seu máis recente traballo coa gravación do CD OperSuite e realizando MasterClass en diversos foros. Desenvolven un amplo percorrido musical, desde o abstracto ata o máis tradicional, onde os estándar de jazz e a música popular cubana, son levados á estética da improvisación libre, onde se exploran e extralimitan a forma tradicional de tocar o seu instrumento incorporando diferentes obxectos sonoros que enriquecen a súa linguaxe, son e performance.
  • Paulo Porta Marftínez. Profesor e pintor. Comezou os seus estudos sobre a obra de Castelao en Valencia, onde se licenciou en Belas Artes e onde investigou a actuación deste creador durante a guerra e concretamente o desenvolvemento dos seus albumes de Guerra, coa publicación da obra: “1937, Castelao e Souto en Valencia”. Logo continuou estudando o conxunto da creación artística de Castelao intervinto en multitude de congresos e palestras.
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------