A Asociación de Empresas Funerarias de Ourense asina un acordo de colaboración con ABANCA con crédito a medida para os seus integrantes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

● O banco e a asociación traballan man a man cun catálogo de produtos e servizos específicos, como os dispositivos TPV, a tarxeta Visa Ti ou facilidades para os pagos en liña

● A entidade financeira ofrece opcións de crédito e financiamento a medida para facer fronte aos retos da actividade diaria dos asociados

● O acordo inclúe o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, un produto creado para persoas traballadoras autónomas para a súa xubilación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

● Esta asociación empresarial, presidida por Rubén Campo desde 2022, está integrada por case medio centenar de empresas funerarias de toda a provincia ourensá

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Ourense, 24 de outubro, 2025_ ABANCA e a Asociación Provincial de Empresas Funerarias de Ourense asinaron un acordo de colaboración que busca, entre outras cousas, dar un impulso ás empresas asociadas mellorando a súa competitividade e facilitando a posta en marcha de novos proxectos.

A rúbrica realizouse no transcurso da reunión de asemblea xeral que o colectivo celebrou esta mañá na sede da CEO, coa participación de Rubén Campo, presidente da asociación, e José Luis Outumuro, coordinador de Colectivos de ABANCA. Tras a explicación das particularidades do convenio, ambos os representantes aproveitaron a firma para poñer sobre a mesa as necesidades do sector, os desafíos actuais aos que se enfronta, e a necesidade de continuar esta liña de colaboración para abordar posibles retos nun futuro.

No acordo especifícanse unha serie de produtos e servizos financeiros creados para fortalecer a competitividade das funerarias, como o desconto comercial, pólizas de crédito, préstamos persoais, leasing mobiliario e inmobiliario ou préstamos para o anticipo de subvencións.

Os e as profesionais do sector contarán tamén con distintas liñas de financiamento oficiais que ABANCA subscribe con organismos públicos, como o ICO ou as SGR nacionais. Os servizos como a banca a distancia, as facilidades de pago en liña ou o acceso a dispositivos TPV físicos e virtuais constitúen tamén unha parte importante do acordo.

O documento tamén recolle o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, o primeiro plan de emprego simplificado (PPES) dirixido a persoas traballadoras autónomas. Trátase dunha solución sinxela e flexible, pensada para complementar a xubilación do colectivo, que lle permite xerar un maior aforro que os plans de pensións individuais. Ademais, as empresas asociadas poderán acceder a produtos como a Tarifa Plana de Seguros e de Valores ou o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------